Letras Galegas

 Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas.

Este ano adicado a Xela Arias, quen renovou a poesía galega e foi pioneira na traducción de clásicos á nosa lingua. 

O pasado 23 de abril puidemos disfrutamos no cole dun contacontos ilustradobaseado no libro de Xela Arias, pertencente á colección Mulleres Galegas.  Foi unha actividade super divertida, sobre todo á hora de descubrir habilidades ocultas como a de facer caricaturas!!


A parte disto, na clase traballamos tamén con un dos libros que Xela Arias traduciu ao galego, As Bruxas.




 A nós tocounos un capítulo que se titula, "Na cociña", donde un rato está a intentar salvarse dos cociñeiros que o intentan cazar... 


Fixemos unha cartelera para rememorar este día donde colocamos imaxes e fotografías de todas as actividades que fomos facendo, incluída unha moi especial!!! Fixemos uns ratos na aula que, despois de todo, puidemos comer, e sabesdes que?? Estaba boísimos!!!!!

Comentarios