Escola saudable é o que pensamos da nosa escola, xa que dende infantil vimos facendo un menú de merendas, moito exercicio físico e levamos a cabo una serie de rutinas de lavado de mans que nos axudan a manternos fortes e sans.
Comenzamos o proxecto cun xogo que nos encantou. En quipos, con preguntas e respostas que resultaron moi divertidas.
Fixemos uns muráis con consellos para coidar a nosa saúde.
Tamén uns marcapáxinas, uns trípticos informativos... traballanos un montón.
Pero a actividades que máis nos gustou, sen dúbida, foi a organización e posta en práctica do “Día da saúde”.
Antes de continuar, queredes saber o que pensábamos sobre este tema, no día mundial da saúde, conmemorado o 7 de abril? Mirade, mirade!
Despois de ter as mans ben limpas, disfrutamos todos xuntos dun auténtico almorzo saudable, na aula.
Colocamos os nosos manteis e dispuxémonos a comer!
No recreo, pasámolo estupendo!! Fixemos unha serie de actividades para completar o pequeno torneo de xogos e exercicio físico, con carreiras, xogos coa comba...
Acabamos rendidos!
E xa para rematar, fixemos un batido de amorodos que estaba... para chupar os dedos!
Quen di que comer san non é divertido?!
Podémosvos asegurar que si, e moito!
Comentarios
Publicar un comentario